InicioCentralFozMellora en viais das parroquias de Cangas, Fazouro e Nois no Concello...

Mellora en viais das parroquias de Cangas, Fazouro e Nois no Concello de Foz

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “as obras consistiron na limpeza das marxes e do pavimento existente e na mellora do firme cunha nova capa de rodadura".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz acometeu melloras nos viais de Ribela e Raxal, na parroquia de Cangas; Morgallón, en Fazouro; e A Barrosa, en Nois, cun investimento de máis de 70.000 euros.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “cun orzamento de algo máis de 70.000 euros, as obras consistiron na limpeza das marxes e do pavimento existente e na mellora do firme cunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor. Está pendente levantar as tapas dos rexistros dos distintos servizos, a colocación de sinais e o pintado dos viais, que se fará nas próximas semanas”.

O rexedor municipal especifica que “no barrio da Barrosa, en Nois, ademais da mellora do firme dispúxose unha nova rede de abastecemento de auga de PVC de 75 milímetros de espesor, que vén a substituír á vella tubaxe de fibrocemento. Neste lugar había roturas continuas da rede de abastecemento e coa nova canalización eliminamos este problema. Estas actuacións xunto á mellora e posta en valor da fonte pública de Cabanas, que conta tamén cunha nova acometida, transformaron este barrio. As veciñas e veciños da Barrosa trasladáronnos o seu agradecemento: a mellora chegou tarde pero chegou”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...