O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, conmemorou o Día da árbore programando diferentes actividades nas que involucrou á comunidade educativa, en concreto ao alumando de infantil e primaria dos dous centros da localidade, o CEIP de Cervo e o CEIP Península da Paz.
As actividades desenvolvéronse durante a mañá deste martes e mércores e consistiron na plantación de árbores autóctonas en parcelas municipais e na creación de espazos dedicados á permacultura nun terreo anexo ao centro –no caso do CEIP de Cervo- e no propio recinto escolar, no caso do CEIP Península da Paz, coa plantación de froiteiras ananas, como frambuesas ou arandos, e plantas aromáticas (tomiño, romeiro, lavanda…) “que fan unha función polinizadora importantísima e contribúen a reducir a pegada do carbono”, apuntou Méndez.
As plantacións de árbores autóctonas (carballos, castiñeiros, acivros,bidueiros, pradairos..)tivo lugar no caso do CEIP de Cervo no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, na senda botánica, e no caso do alumnado do Ceip Península da Paz, nunha finca municipal en Cuíña.
En Sargadelos, os nenos tamén tiveron a oportunidade de ver in situ e tamén de experimentar como se realiza o control ecolóxico de especies invasoras, como a acacia presente na zona.
Méndez quixo destacar o enriquecedor que resultaron estas xornadas medioambientais nas que vimos desfrutar moito aos pequenos que se iniciaron no concepto da permacultura co deseño destes espazos frutícolas ecolóxicos que agora coidarán a fin de que dean o seu froito.
A edil de Medio Ambiente destacou a importancia da colaboración institucional neste caso entre o Concello e os centros escolares co obxectivo compartido de inculcar o respecto ao medioambiente desde as idades máis temperás, a través destas iniciativas didácticas que forman parte da estratexia medioambiental do Concello de Cervo.