InicioCentralO ValadouroO PP do Valadouro pide declarar o Mercado da Primavera de Interese...

O PP do Valadouro pide declarar o Mercado da Primavera de Interese Turístico de Galicia

O Mercado Tradicional de Primavera do Valadouro celebrou este ano a súa XVII edición.

Publicada o

- Advertisement -

O portavoz popular no Valadouro, José Manuel Lamela, propón que “o Concello inicie os trámites e xestións necesarios para que o Mercado Tradicional de Primavera sexa declarado Festa de Interese Turístico de Galicia”. A iniciativa será rexistrada para o seu debate no vindeiro pleno municipal.

O Mercado Tradicional de Primavera do Valadouro celebrou este ano a súa XVII edición. Pero a realidade é que se trata dunha celebración que vén de séculos atrás, do XVIII cando se realizaban mercados en torno á ermida da Virxe de Ferreira. Xa no presente século século se comezou a celebrar o Mercado de Primavera, tal é como o coñecemos, cando un grupo de mozos e mozas decidiron comezar a ir ao mercado como facían os seus avós: con zocas e vestimenta e accesorios do mundo labrego.

Así, por unha banda, esta festividade ten un claro elemento de recordo aos antepasados e de recuperacións das tradicións. E, pola outra, congrega ano a ano a moitos visitantes doutros concellos da contorna que veñen a pasar o día neste concello para desfrutar do Mercado Tradicional de Primavera; son unha parte importante da vida social e económica.

É por iso polo que, como se sinala na moción, “dende o PP do Valadouro consideramos necesario que o Concello inicie os trámites e xestións necesarios para a declaración do Mercado Tradicional de Primavera como Festa de Interese Turístico Galego”, porque “con esta declaración, o Mercado tería aínda unha maior promoción e visibilidade e, polo tanto, tamén O Valadouro, o que repercutiría positivamente na economía”, segundo defende o portavoz popular.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...