O Penal número 2 de Lugo acollerá o vindeiro mércores, día 12, o xuízo contra dúas persoas, nai e fillo, acusados de protagonizar unha liorta en Burela, no transcurso da cal agrediron cunha arma branca a outra persoa.
Segundo recolle o escrito de acusación fiscal, os feitos remóntanse a agosto de 2017, cando ambos os acusados se atopaban no exterior dun local de lecer nocturno de Burela.
Nun momento determinado se personó un home que comezou a discutir co fillo, “chegando ambos a encerellarse e caer ao chan”. Nese momento, a nai sumouse á pelexa e, entre ambos, golpearon e morderon á vítima.
Posteriormente, algún dos dous acusados sacou unha arma branca, coa que causaron un corte no interior do cóbado dereito ao lesionado.
O Ministerio Público pide para cada un do acusados tres anos de cárcere, así como unha indemnización de 35.000 euros para a vítima e de 582,94 euros para o Sergas en concepto de gastos de asistencia.