InicioOccidentalViveiroViveiro celebrará o 29 de abril un raid aventura

Viveiro celebrará o 29 de abril un raid aventura

A actividade será conducida en todo momento por monitores especializados e inclúe todo o equipamento necesario para a súa realización.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolle o sábado 29 de abril una actividade de raid aventura que forma parte do programa ‘Actívate’, que desenvolve o Servizo de Turismo da Deputación de Lugo.

A institución provincial pon en marcha por terceiro ano consecutivo esta iniciativa que busca promover o turismo activo, deportivo e de aventura nos concellos da provincia de xeito totalmente gratuíto.

Viveiro será un dos 18 concellos integrados na programación deste ano cunha divertida actividade de competición por equipos que incluirá as disciplinas de kaiak, trekking, orientación e bicicleta de montaña co obxectivo de ir resolvendo probas a medida que se avanza a través de diferentes medios.

“Estamos encantados de ser un dos concellos que forman parte do programa ‘Actívate’, acollendo unha actividade que combina deporte e natureza”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

“Dende o concello convidamos aos veciños e veciñas a participar porque é unha gran oportunidade de achegarse a este tipo de deportes, de facelo ademais en grupo e de xeito seguro”, engade a rexedora.

A actividade desenvolverase entre as 10:00 e as 14:00 horas.

O grado de dificultade é media, e está aberta a persoas a partir dos 18 anos que estean en boas condicións físicas e saiban nadar.

A actividade será conducida en todo momento por monitores especializados e inclúe todo o equipamento necesario para a súa realización.

Para poder participar é imprescindible inscribirse previamente na web https://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/activate. O prazo para inscrición estará dispoñible dende este venres, día 21.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...