InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo forma parte da Asociación de Entidades Locais pola...

O Concello de Ribadeo forma parte da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “acabamos de estrear a campaña É túa. Pásaa! para apelar ao uso do galego no individual e no colectivo”.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo forma parte de Alingua, a asociación de entidades locais pola lingua galega, xunto a outros 18 concellos galegos. En Vilagarcía presentouse o programa de actividades a desenvolver nos vindeiros meses. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “acabamos de estrear a campaña É túa. Pásaa! para apelar ao uso do galego no individual e no colectivo. O lema xa loce nunha pancarta na fachada do noso Concello desde hai uns días”.

A edil ribadense indicou que “Alingua é unha asociación de entidades locais que é consciente das vantaxes do traballo cooperativo, da importancia fundamental da colaboración para a política lingüística, pois ademais de permitir rendibilizar esforzos, axuda a visibilizar as accións que se realizan para dinamizar o uso da lingua, facendo que acade un maior impacto e incidencia na sociedade. Unir esforzos, sempre suma”. Otero Cabarcos indicou que “É túa. Pásaa! é o lema da campaña de Alingua no ano 2023 e fai unha chamada á acción, para animar a usar e transmitir a nosa lingua, o galego”.

Alingua tamén desvelouse estes días o tema musical creado para transmitir esa mensaxe. Foi realizado por Fátima Pego, recoñecida cantante e comunicadora, e Grande Amore, destacado artista do panorama musical actual, que convida a coidar a lingua pero sobre todo convida a falala, a usala. Xunto ao vídeo, no mes de maio estrearase nas distintas canles de Alingua a webserie en formato vlog O gran reto, na que tres persoas castelanfalantes amosarán a súa experiencia vivindo en galego durante 21 días. A creadora de contido María Rúa será a presentadora deste proxecto, no que cada protagonista fará un capítulo semanal con distintos desafíos e relatará a súa experiencia na transición lingüística.

Alingua tamén publicará nas súas redes sociais os próximos meses entrevistas a persoas de diversos ámbitos que achegarán as súas vivencias coa lingua, novos recursos en galego ou sorteos para visitar o fondo mariño, entre outros contidos.

Sobre Alingua

Alingua, Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, é unha entidade da que forman parte dezanove concellos galegos: A Baña, Ames, A Coruña, Betanzos, Carballo, Cedeira, Ferrol, Moaña, Narón, O Grove, Ponteceso, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Rianxo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vilagarcía de Arousa; e a Deputación de Pontevedra como membro amigo.

Moitas destas institucións locais, como é o caso do Concello de Ribadeo, xa viñan colaborando en proxectos como Apego, Youtubeiras, Club de Debate ou Enreguéifate.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...