InicioOrientalRibadeoRibadeo corta a rúa Luz Pozo Garza para as obras de mellora...

Ribadeo corta a rúa Luz Pozo Garza para as obras de mellora que realizará o Concello

A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “este vieiro estará cortado ao tráfico nas vindeiras semanas, xa que dan comezo as obras de mellora e humanización desta área urbana".

Publicada o

- Advertisement -

Desde hoxe está cortada ao tráfico a rúa Luz Pozo Garza, por mor das obras de mellora que realizará o Concello. O investimento ascende a 200.000 euros e o prazo de execución será de 4 meses.

A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “este vieiro estará cortado ao tráfico nas vindeiras semanas, xa que dan comezo as obras de mellora e humanización desta área urbana que se atopaba deteriorada por mor de sucesivas reparacións. Os residentes poderán acceder aos seus garaxes”.

A edil ribadense explicou que “a rúa Luz Pozo Garza contará cun novo pavimento de aglomerado asfáltico e con novas beirarrúas, tamén se implementarán novas tubaxes de abastecemento de auga, unha nova canalización de saneamento e unha nova rede de alumeado led”.

Freire Rancaño engadiu que “ademais na rúa Virxe do Camiño, fronte ao Xardín de Indianos e tamén na marxe contra a capela da Virxe do Camiño, vaise substituír o pavimento existente na beirarrúa e procederase á renovación das luminarias. Tamén se procederá ao pintado dos bordes e prazas de aparcamento, á sinalización horizontal e vertical e á dotación de mobiliario urbano e árbores”.

O investimento ascenderá a preto de 200.000 euros, financiados a través dun convenio de colaboración asinado coa Deputación de Lugo. A concelleira de Obras subliñou: “estas obras supoñen unha decidida aposta pola humanización desta área, pola calidade de vida e pola recuperación de espazos nesta zona da nosa vila”.

Mónica Freire pide disculpas polas molestias que estes traballos poidan ocasionar: “facer obras sempre implica causar algunhas molestias á veciñanza, tanto aos que viven na zona afectada como aos que acostuman a transitar por ela. Desde o Concello pedímoslles disculpas e tamén comprensión. Agardamos que os traballos marchen a bo ritmo e que pronto sexan unha realidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...