InicioOccidentalViveiroO documental "Viveiro a Través do Tempo" presentou 900 anos de historia...

O documental “Viveiro a Través do Tempo” presentou 900 anos de historia do concello

É unha peza dos curmáns David e Diego de Bartolomé que contou coa colaboración do Concello de Viveiro e da Deputación.  

Publicada o

- Advertisement -

O Teatro Pastor Díaz acolle está tarde a esperada estrea da primeira e segunda parte do documental “Viveiro a través do tempo”, unha peza dos curmáns David e Diego de Bartolomé que recolle os 900 anos de historia da vila e que contou coa colaboración do Concello de Viveiro e da Deputación.  

A rolda de prensa de presentación no Concello contou coa participación dos seus dous creadores. Tamén asistiron a concelleira de Cultura en funcións Lara Fernández-Fernández-Noriega, o cronista oficial da vila, Carlos Nuevo, e Rafa Rivera, que cedeu unha gran cantidade de imaxes para o documental.   

A obra comezouse a artellar no ano 2018, e sufriu diferentes cambios por mor da pandemia. Naceu coa idea de “crear un proxecto documental que englobara a historia de Viveiro contada polos seus veciños e por residentes”, coa participación de máis de cen persoas e con numerosa documentación de fotografías, gravacións e entrevistas persoais.   

“Viveiro é o protagonista, pero a súa xente ten moitas voces interesantes”, subliñan os seus autores, que insisten en que “non se pode contar unha historia de máis de 900 anos como esta nunha película nin en dúas, pero comezamos por aquí”.  

“Foi un proceso difícil pero fascinante, porque Viveiro e a súa historia e historias parecen ser ilimitadas en anécdotas e momentos extraordinarios”, engade David de Bartolomé.  O proxecto non ten ánimo de lucro e realizouse con fins totalmente culturais. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...