IniciosociedadeVolven as festas de Santa Filomena no Cadramón no Valadouro

Volven as festas de Santa Filomena no Cadramón no Valadouro

Publicada o

- Advertisement -

O próximo sábado día 10 de xuño, logo de 8 anos dende a última vez, volverá a haber festa de Santa Filomena no Cadramón.

A Asociación Veciñal Santa Filomena do Cadramón organiza a festa coa colaboración económica da CMVMC do Cadramón. 

Haberá misa na capela ás 12:30h, a continuación procesión e sesión vermú a cargo da A.C. Amado Lar e do Trío Zafiro. 

Hai posibilidade de quedarse a comer no campo da festa, previa reserva antes do día 6 de xuño. 

O menú, elaborado por Seiramar, consta de empanada, churrasco, postre, bebida, café e chupito. Adultos, 25€ persoa, Nenos de 5 a 12 anos, 12€/neno e nenos menores de 5 anos gratis.

Á tardiña haberá un pase de música para amenizar a sobremesa e logo ás 22:00h dará comezo a verbena co Trío Zafiro e o Dúo Sonidos.

Dende a organización agradecen a Seiramar Espectáculos representante dos festexos, e tamén agradecen a colaboración do Concello do Valadouro e do Concello de Alfoz así coma a dos veciños que botaron unha man para que esta festiña saíse adiante.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...