InicioCentralBurelaOfrenda floral para o remate das festas de Burela este 2023

Ofrenda floral para o remate das festas de Burela este 2023

O alcalde, Alfredo Llano, sinalou que “este acto serviu tamén para render homenaxe a aquelas persoas que nalgún momento perderon a súa vida no mar. Con este emotivo acto damos por concluídas as festas patronais deste ano”.

Publicada o

- Advertisement -

Coa ofrenda floral á Virxe do Carme, que tivo lugar este mediodía no peirao, remataron as festas patronais de Burela deste 2023.

O alcalde, Alfredo Llano, sinalou que “este acto serviu tamén para render homenaxe a aquelas persoas que nalgún momento perderon a súa vida no mar. Con este emotivo acto damos por concluídas as festas patronais deste ano”.

O rexedor tivo palabras de agradecemento “para a comisión organizadora e para a Concellería de Cultura, que traballaron de xeito conxunto para elaborar un programa dirixido a todos os públicos. Detrás dunhas festas patronais hai moito traballo, que non se ve, pero que hai que facer. Grazas a todas e todos eles pola súa dedicación e polo seu esforzo”.

E engadiu: “agardo que a veciñanza de Burela gozase destes festexos e tamén todas as persoas que nos visitaron ao longo destes días, procedentes de diferentes puntos da nosa comarca. Agora comeza xa a conta atrás para as patronais de 2024”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...