Esta mañá deu comezo unha nova edición do campus de fútbol organizado polo Celta de Vigo e o Concello de Barreiros coa colaboración dos equipos de fútbol locais, C.F. Celta Barreiros e o Ibería C.F. que ceden as súas instalacións para o desenvolvemento do mesmo.
Con récord de participación e o 100% das prazas cubertas, 60 nenas e nenos foron recibidas este luns no campo de fútbol das Valgas pola alcaldesa, Ana Ermida; o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Dani García; e o coordinador do campus, Martín Varela.
Ás 9:30 horas recibiron a equipación completa de adestramento e xa comezaron a tocar balón e facer os primeiros exercicios e xogos que os adestradores tiñan preparados para esta primeira xornada.
Un ano máis, o Concello de Barreiros asume un desconto de 32€ para as crianzas empadroadas no municipio e que asisten a esta edición do campus facilitándolles así un prezo reducido ás familias barreirenses.