InicioOccidentalCervoO Concello de Cervo chama á participación na romaría de Santa Eufemia...

O Concello de Cervo chama á participación na romaría de Santa Eufemia de Trasbar

A Romaría dará comezo o venres ás 23:00 horas da man de Disco Móbil Conxuro.

Publicada o

- Advertisement -

O lugar de Trasbar celebrará a próxima fin de semana, do 15 ao 17 de setembro, a romaría de Santa Eufemia.

A cita festiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, o edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación da asociación de veciños do Burgo de Trasbar, que se encarga da organización dos festexos. A Romaría dará comezo o venres ás 23:00 horas da man de Disco Móbil Conxuro.

O sábado, ás 13:00 horas será a misa solemne na honra de Santa Eufemia cantada polo Coro de Cervo, e a continuación terá lugar a sesión vermú da man do grupo Fussion, que repetirá na verbena con Disco Móbil Conxuro, a partir das 22:00 horas. Ao remate, haberá unha degustación gratuíta de caldo galego para os asistentes.

O domingo, ás 13:00 horas volverá haber misa, na honra de San Antonio e o Carme, cantada polo Coro de Cervo, seguida de sesión vermú co Dúo EPOK. O Concello de Cervo, convida, a todos, veciños e visitantes, a que desfruten desta Festa a vindeira fin de semana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...