InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro realiza melloras en varios parques infantís

O Concello de Viveiro realiza melloras en varios parques infantís

No caso do parque das Lavandeiras, en Celeiro, “xa están rematadas as tarefas de reparación levadas a cabo nos aparatos de xogo”, explica Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e responsable da concellería de Parques e Xardíns.

Publicada o

- Advertisement -

Tenencia de Alcaldía de Viveiro realizou tarefas de renovación e mantemento en dous parques infantís, mellorando desta forma dúas zonas de lecer para os nenos e nenas.

No caso do parque das Lavandeiras, en Celeiro, “xa están rematadas as tarefas de reparación levadas a cabo nos aparatos de xogo”, explica Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e responsable da concellería de Parques e Xardíns.

“Temos o compromiso de mellorar e ter en boas condicións os espazos de ocio e lecer para as familias; os parques infantís son moi importantes para a conciliación e para fomentar o xogo compartido entre os nenos e nenas”, engade Bermúdez.

O concello realizou tamén tarefas de mantemento no parque da praza da Habana e anuncia que o columpio-cesta que falta está pedido e instalarase en canto chegue. Estes traballos en todos os parques infantís de Viveiro realizaranse de forma periódica para mantelos en boas condicións.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...