InicioOrientalRibadeoAlumnado de Ribadeo e A Pontenova participarán no proxecto "Saúde e Emerxencias"

Alumnado de Ribadeo e A Pontenova participarán no proxecto “Saúde e Emerxencias”

A metodoloxía a usar serán audiovisuais e prácticas co desfibrilador para todo o alumnado, por ese motivo as sesións durarán 2 horas para cada grupo natural de aula.

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro luns, 6 de novembro, dará comezo o proxecto Saúde e Emerxencias, que realizará o Programa Prevención Drogodependencias e outros trastornos adictivos do Concello de Ribadeo coa colaboración de Camilo Vázquez Corveiras, enfermeiro, coordinador autonómico de SEMES RCP e Instrutor de Soporte Vital Avanzado.

No proxecto abordaranse os seguintes contidos: información sobre o alcohol e o cannabis, como axudar ante un caso de intoxicación por alcohol ou cannabis, como activar o servizo de emerxencias médicas (061), como usar un desfibrilador (soporte vital básico).

A metodoloxía a usar serán audiovisuais e prácticas co desfibrilador para todo o alumnado, por ese motivo as sesións durarán 2 horas para cada grupo natural de aula.

No proxecto Saúde e Emerxencias participarán 150 alumnas e alumnos dos centros de ensino de Ribadeo: 4º ESO do IES Dionisio Gamallo Fierros, 1º E 2º DE FP Básica do CIFP Porta da Auga, 4º de ESO do Colexio Sagrado Corazón e 4º DE ESO do IES Enrique Muruais de A Pontenova.

Saúde e Emerxencias está organizado pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia dentro das actividades do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros trastornos aditivos.

O programa, que comeza o 6 de novembro, estenderase durante os días 13, 14, 16 e 17 nos distintos centros de ensino participantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...