InicioOrientalBarreirosBarreiros celebrará este domingo a carreira popular "Ao son do Masma"

Barreiros celebrará este domingo a carreira popular “Ao son do Masma”

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de dinamización e participación veciñal do Concello de Barreiros, Dani García, xunto con integrantes do Colectivo Cultural Ollomao presentaron esta fin de semana a V edición da carreira popular Ao son do Masma.


A carreira popular Ao son do Masma, que se disputa este domingo, é a derradeira proba do circuíto +KmsBarreiros que pecha así a tempada 2023 con preto de 500 atletas inscritos e con moitas categorías por decidir á falta desta última proba.


A carreira absoluta, cun percorrido circular de 5.600 m. que discorre a carón do río Masma, dará comezo ás 12:00 horas con saída e chegada nas escolas de Celeiro de Mariñaos.

Tamén haberá categorías para menores, de maneira previa, cos seguintes horarios:


11:00 h. Troitiñas – Pitufos/as
11:05 h. Troitas – Sub8
11:10 h. Reos – Sub10
11:15 h. Anguías – Sub 12
11:20 h. Lampreas – Sub 14
11:30 h. Sollas – Sub 16


A saída da andaina, que terá un percorrido de 9 km, será ás 10:30 h. e os dorsais de todas as probas poderán ser recollidos a partir das 10:00 horas no propio lugar das saídas.

O prazo de inscrición finaliza este xoves, podendo facerse -ou recibir máis información- na páxina web do circuíto www.maiskmsbarreiros.gal

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...