InicioOrientalRibadeoAcollida do Concello de Ribadeo á atleta local Paula Conde polos logros...

Acollida do Concello de Ribadeo á atleta local Paula Conde polos logros deste 2023

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “este sábado recibimos no Concello a Paula Conde Carrelo para homenaxeala polos grandes éxitos deportivos conseguidos, tales como ser campioa galega sub-16 de pista cuberta e pista descuberta".

Publicada o

- Advertisement -

O salón de plenos acolleu o acto de recepción á atleta ribadense Paula Conde, un recoñecemento polos éxitos deportivos logrados neste 2023.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “este sábado recibimos no Concello a Paula Conde Carrelo para homenaxeala polos grandes éxitos deportivos conseguidos, tales como ser campioa galega sub-16 de pista cuberta e pista descuberta, campioa absoluta de remudas 4×100 co Lucus Caixa Rural e medalla de bronce coa selección galega no Campionato de España sub-16. E tamén competiu nos campionatos absolutos de Galicia con tan so 15 anos”.

O edil ribadense sinalou: “queremos felicitala e felicitar tamén ao Club de Atletismo de Ribadeo polo seu gran traballo”.

Xunto a Paula Conde, á súa familia e ao Club de Atletismo de Ribadeo estiveron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...