InicioOrientalRibadeoComeza a instalación da iluminación de Nadal en Ribadeo

Comeza a instalación da iluminación de Nadal en Ribadeo

O rexedor, Dani Vega, manifestou que “Ribadeo dálle a benvida ao Nadal. Xa estamos iluminando as rúas para abrazar ese Nadal que queremos pasar todos entre familia e amigos”.

Publicada o

- Advertisement -

En Ribadeo deu comezo onte, luns, a instalación da iluminación de Nadal. O orzamento ascende a máis de 35.000 euros, segundo deu a coñecer o alcalde, Dani Vega.

O rexedor manifestou que “Ribadeo dálle a benvida ao Nadal. Xa estamos iluminando as rúas para abrazar ese Nadal que queremos pasar todos entre familia e amigos”.

Vega contou que haberá unha ampla programación con moitas novidades: “estamos a construír un Nadal que está pensado para todas as idades. Haberá actividades para todos e moitas novidades e dese logo queremos que sexa un Nadal de todos os ribadenses e tamén acoller a aqueles visitantes que veñen a gozar do Nadal ribadense”.

O alcalde sinalou que “pouquiño a pouco dámoslle a benvida ao Nadal, estamos a iluminar as rúas, incrementamos o orzamento destinado a este fin, vamos superar os 35.000 euros, pero tamén contaremos cun orzamento moi importante para ter moitas actividades e un dinamismo económico na nosa vila neste Nadal de todos os ribadenses”.

O alumeado será acendido en Ribadeo o vindeiro 1 de decembro, xornada na que tamén dará comezo o Mercado do Nadal, que se prolongará ata o día 10.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...