InicioOrientalBarreirosO grupo de teagro "Os pícaros de Lagoa" actuará no centro sociocultural...

O grupo de teagro “Os pícaros de Lagoa” actuará no centro sociocultural de San Cosme

A obra é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo crego e escritor chairego Xosé Manuel Carballo Ferreiro. Trátase dun texto baseado na famosa comedia El médico a palos de Molière.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros continua programando actividades culturais de outono coa obra de teatro “O menciñeiro á forza” que será representada polo grupo de teatro de Alfoz “Os pícaros de Lagoa”.


A obra é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo crego e escritor chairego Xosé Manuel Carballo Ferreiro. Trátase dun texto baseado na famosa comedia El médico a palos de Molière.


A representación teatral, que terá lugar o domingo 12 de novembro ás 19:00 horas no centro sociocultural de San Cosme, está enmarcada no circuíto de teatro afeccionado que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo en marcha para manter o apoio ás artes escénicas así como ofrecer a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...