InicioCentralFozO Concello de Foz comeza os traballos para mellorar os camiños de...

O Concello de Foz comeza os traballos para mellorar os camiños de Cordido

Orzamentados en algo máis de 18.500 euros, os traballos consisten na limpeza de marxes, cunetas e tubaxes, a renovación de firme e a mellora de sinalización.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, supervisou os traballos de mellora de camiños na parroquia de Cordido. Orzamentados en algo máis de 18.500 euros, os traballos consisten na limpeza de marxes, cunetas e tubaxes, a renovación de firme e a mellora de sinalización.

O rexedor municipal explica que “a semana pasada limpáronse as marxes de dous camiños que imos a mellorar na parroquia de Cordido. O vial que une a Fonte do Sixto coa estrada provincial a Moucide vaise aglomerar en quente e mellorar a sinalización con pintura en ambas marxes e sinais de stop. Tamén imos arranxar o camiño que une o Barral coa mesma estrada provincial na Fabega, que se encontra en moi mal estado; neste caso con aportación de pedra macadam e unha dobre rega asfáltica”.

Estes traballos están incluídos dentro das obras licitadas por procedemento de contratación aberta e adxudicadas a Excavaciones Ramsei SL, con cargo a fondos do Plan Único da Deputación de Lugo do exercicio 2023.

Por outra banda, o Concello de Foz informa que esta semana continuarán os traballos de limpeza de camiños en Ribela (Cangas) e en Trasmonte, de Nois, polo que se roga que se circule con precaución por estes puntos e pídense desculpas polas molestias ocasionadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...