InicioOrientalBarreirosII Ruta BTT en Barreiros co apoio de A.D. Augas Santas

II Ruta BTT en Barreiros co apoio de A.D. Augas Santas

A proba contará cun percorrido de 34 km. e un desnivel positivo de 1100 m. Dentro das novidades deste ano engádese a opción de percorrer unha distancia menor, 32 km. superando un desnivel de +900 m.

Publicada o

- Advertisement -

O próximo 19 de novembro terá lugar a II Ruta BTT A.D. Augas Santas, unha proba non competitiva de bicicleta de montaña organizada pola Asociación Deportiva Augas Santas de Barreiros e que conta coa colaboración do Concello de Barreiros, da área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e de varios patrocinadores máis.


O evento foi presentado este domingo coa presenza de Marta Castrillón, presidenta do clube organizador, Pablo Castrillón e Diego Carregal, membros da directiva, Dani García, deputado provincial e concelleiro de deportes do Concello de Barreiros, e Manuel Otero, xefe provincial de deportes da Xunta de Galicia.


A proba contará cun percorrido de 34 km. e un desnivel positivo de 1100 m. Dentro das novidades deste ano engádese a opción de percorrer unha distancia menor, 32 km. superando un desnivel de +900 m. A presidenta da asociación deportiva sinala que “As dúas opcións quedan a elección do participante segundo o seu estado de forma, a dificultade técnica que prefira e as condicións meteorolóxicas que se presenten no propio día da proba”. Marta Castrillón destacou tamén que “este ano fixemos algunha modificación no percorrido para reducir súa dureza e facelo máis ciclable pero sen afastarse do entorno natural que temos en Barreiros”.


A saída terá lugar na pista de pádel en San Miguel de Reinante, onde se recollerán tamén os dorsais e os agasallos por participar. O aparcadoiro e as duchas, para despois da ruta, será no campo de fútbol de As Valgas, tendo a posibilidade tamén de lavar as bicicletas alí mesmo. Ao remate haberá un pincheo para tódolos participantes.


As inscricións continúan abertas ata o 15 de novembro na páxina web championchipnorte (ccnorte.com)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...