InicioOrientalBarreirosBarreiros reduce a cero a súa débeda viva e aproba gastos de...

Barreiros reduce a cero a súa débeda viva e aproba gastos de lixo e electricidade

A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que a situación financeira do Concello mellorou notablemente nos últimos 4 anos, o que permite realizar certas operacións que facilitan a xestión municipal.

Publicada o

- Advertisement -

A corporación municipal de Barreiros reunida en sesión extraordinaria no día de onte aprobou acudir a unha operación de crédito para afrontar o pago de facturas de lixo e enerxía eléctrica para as que o orzamento inicial quedou corto debido ao incremento de prezos no servizo.


O concelleiro de economía, Antonio Veiga, encargado de defender a proposta explicou que “se acude a un crédito bancario para poder pagar novas facturas dos servizos de lixo e de enerxía, que están a sufrir continuos incrementos no prezo e que non é posible asumir co orzamento inicial.”


Esta operación concértase a 36 meses e é posible acudir á mesma debido ao resultado positivo no aforro neste momento, situación que comezou a darse no ano 2020. Ademais, conflúe outra situación que dá un respiro á entidade municipal: a súa débeda viva, é dicir, a débeda financeira con entidades bancarias pasou de ser máis de 1,6 millóns de euros no 2019 a ser 0 euros neste momento.


A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que a situación financeira do Concello mellorou notablemente nos últimos 4 anos, o que permite realizar certas operacións que facilitan a xestión municipal. Porén, manifesta que “a situación económica segue a ser complicada, como se demostra coa necesidade de acudir a este crédito, debido ao continuo incremento de prezos ao que os concellos non somos alleos e que afecta ao mantemento da prestación dos servizos municipais.”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...