InicioCentralBurelaA alcaldesa de Burela sinala que o catastro "funcionará mellor" despois dunha...

A alcaldesa de Burela sinala que o catastro “funcionará mellor” despois dunha reorganización

“Tras analizar o servizo do punto de información catastral cos veciños, consideramos que a mellor solución era formar a persoal do concello para realizar este traballo e ter un maior control", engade a alcaldesa.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Burela, Carmela López, quere aclarar que o Punto de Información Catastral do concello “funcionará mellor tras a reorganización que estamos a facer no servizo”.


En resposta ás declaracións do portavoz do PP, López quere deixar claro “que o servizo o prestaba unha empresa externa”, polo que non houbo ningún despedimento de persoal municipal.


“Tras analizar o servizo do punto de información catastral cos veciños, consideramos que a mellor solución era formar a persoal do concello para realizar este traballo e ter un maior control”
, engade a alcaldesa.


“Como é habitual, as críticas do PP só teñen como obxectivo causar dano e erosionar a miña imaxe, sen importarlles que o que din non sexa certo nin profundizar nos motivos dunha decisión do goberno local”, remata López.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...