InicioCentralBurelaBurela comeza a instalación da iluminación de Nadal

Burela comeza a instalación da iluminación de Nadal

O acto de acendido incluirá ademais unha actuación musical.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela deu comezo aos traballos de instalación da iluminación de nadal, que se estenderá ao longo de máis de trinta rúas e prazas da localidade.


O alumeado das luces terá lugar o vindeiro día 6 de decembro, mércores, e estas permanecerán acendidas durante un mes, ata o 6 de xaneiro, Día de Reis. O acto de acendido incluirá ademais unha actuación musical.


A alcaldesa de Burela, Carmela López, destaca “a colaboración constante co comercio local que temos dende o Concello, dada a importancia que as luces de nadal teñen para o sector e para a veciñanza en xeral”.


Pola súa banda, Patricia Eijo, concelleira de Economía e Facenda e de Festas e Festexos, destacou “as novidades na iluminación artística e decoración que haberá este ano”.
Ademais, as luces “chegarán a novas zonas e barrios, coa fin de promover ao máximo o comercio local e a diversión das nenas e nenos”, sinalou a concelleira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...