InicioOrientalRibadeoO CIFP Porta da Auga realizará unha xornada sobre cerámica de gran...

O CIFP Porta da Auga realizará unha xornada sobre cerámica de gran formato

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acolle unha xornada sobre a cerámica de gran formato Coverlam este venres, 10 de novembro, de 17:00 a 19:00 horas. É unha actividade organizada polo departamento de Edificación e Obra Civil do centro coa colaboración das empresas Grespania, Rubí e Construdeco. Está dirixida ao alumnado do centro, a profesionais do sector e a outras persoas interesadas nesta materia e a participación é gratuíta, pero os que queiran asistir deben inscribirse previamente a través do correo electrónico mendezdeandes@edu.xunta.gal.

O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés, explica que “será unha xornada técnica de colocación de cerámica de gran formato, que está patrocinada polas empresas Gespania e Rubí, que son fabricantes de material cerámico e de máquinas cortadoras e todo tipo de accesorios para o manexo dese produto, respectivamente.

Veñen a través do distribuidor para a zona, que é Construdeco”. José Méndez de Andés engade: “imos realizar manipulación de pezas e colocación. Ultimamente estase instalando moita cerámica de gran formato, de tamaños de 2 metros por un metro ou mesmo maiores, para os que non leva a cabo unha manipulación normal. Esta formación organizámola para o alumnado do centro e tamén é aberta a todos os profesionais do sector. Convidamos a todas as empresas da zona e a calquera persoa interesada en ver como se coloca este tipo de material a que se achegue ao centro, para ver as nosas instalacións e participar nesta xornada formativa. Ao final servirase un pequeno aperitivo e por iso é importante que as persoas que vaian vir que o confirmen previamente a través do correo electrónico”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...