InicioOccidentalViveiroViveiro limpa as beirarrúas da vila para garantir a seguridade da veciñanza

Viveiro limpa as beirarrúas da vila para garantir a seguridade da veciñanza

Polo momento, xa se realizaron ditas labores na zona de Verxeles, nos soportais e nas beirarrúas do parque de Lodeiro, e na zona da fonte de Covas, onde se limpou a fonte, as beirarrúas e se podaron as árbores.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro está a realizar diversas labores de limpeza nas beirarrúas do municipio, con especial atención a aquelas afectadas polo musgo, a resina das árbores ou outras problemáticas concretas.

Polo momento, xa se realizaron ditas labores na zona de Verxeles, nos soportais e nas beirarrúas do parque de Lodeiro, e na zona da fonte de Covas, onde se limpou a fonte, as beirarrúas e se podaron as árbores.

Miriam Bermúdez, tenente de alcaldesa de Viveiro, explica que “a intención é continuar facéndoo naquelas zonas que o precisen, para garantir tanto a limpeza das rúas como a seguridade dos veciños e veciñas”.

Ademais, Bermúdez sinala que “o concello é consciente de que o borde exterior das beirarrúas máis novas, de granito, foi perdendo granulado, está moi liso e esvara, polo que estamos estudando diferentes posibilidades para devolverlle a rugosidade e aportar maior seguridade ás e ós viandantes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...