InicioEconomíaA Xunta reclámalle ao Goberno central a modernización do FEVE Ferrol-Ribadeo

A Xunta reclámalle ao Goberno central a modernización do FEVE Ferrol-Ribadeo

A conselleira Ethel Vázquez incidiu na demanda de transporte público nos concellos afectados como o demostra case o 20% de incremento de viaxeiros contabilizado nos autobuses da Xunta nestas comarcas no primeiros nove meses do ano, en comparación co 2022.

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reclamou ao Goberno central a modernización do Feve Ferrol-Ribadeo e a dotación do material rodante comprometido para porlle fin ao “abandono” deste servizo.

No pleno da Cámara galega e en resposta a unha pregunta formulada polo deputado popular José Manuel Balseiro, a conselleira destacou que, a pesar de ter demanda, o ferrocarril de vía estreita carece de vontade política e de compromiso orzamentario por parte do Goberno de España para modernizar a liña e o material rodante. As deficiencias e carencias actuais impiden, indicou, que esta liña ferroviaria sexa unha alternativa de transporte que resulte útil á mobilidade diaria dos cidadáns das comarcas que atravesa.

A conselleira afirmou que para a Xunta é unha liña ferroviaria estratéxica e non só para a conexión das comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrolterra, senón tamén para a comunicación de Galicia con Asturias e como continuación cara ao País Vasco.

A conselleira lamentou que a liña do antigo Feve “acumule un importante déficit de investimentos” na modernización da vía e do material rodante, a pesar de estar comprometidas actuacións de calado desde 2018.

Segundo indicou, neste momento o único certo é a dilación de “dúas ou tres anos” na incorporación de novo material rodante á liña de ancho métrico, que “xa terían que estar a prestar servizo”.

Ethel Vázquez abundou na “exclusión” de Galicia da medida excepcional do Goberno central que aplica en Asturias e en Cantabria de gratuidade deste servizo desde inicios deste ano ata 2026, en compensación “ao despropósito no erro do cálculo das medidas dos novos trens”.

Tamén censurou a “exclusión de Galicia” do grupo de traballo que o Ministerio de Transportes conformou con Asturias e Cantabria para facer seguimento desta incidencia, e a falta de resposta do Goberno central á solicitude da Xunta para que tamén puidesen participar Galicia e Castela e León, como comunidades tamén afectadas.

A conselleira incidiu nas incidencias na liña Feve, moi habituais, e na falta dunha resposta clara e satisfactoria por parte de Renfe ante a “diminución gradual” na calidade dos servizos, que “impacta moi negativamente na mobilidade dos veciños das comarcas de Ferrol, Ortegal e A Mariña”.

Así mesmo, incidiu na demanda de transporte público nos concellos afectados como, segundo indicou, demóstrao ao redor do 20% de incremento de viaxeiros contabilizado nos autobuses da Xunta nestas comarcas no primeiros nove meses do ano, en comparación co 2022. “Hai demanda”, resaltou, “o que non hai é servizos fiables e eficientes no que respecta aos trens de ancho métrico.

Ademais, denunciou o “silencio” na resposta con respecto a este asunto no encontro mantido o pasado mes de outubro co secretario de Estado de Transportes. A mesma resposta que, lamentou, repetiuse con outras cuestións relevantes para o interese xeral de Galicia como os trens Avril ou a situación na que se atopan os investimentos no Corredor Atlántico de Mercadorías.

A conselleira afirmou que a Xunta non se resignará a aceptar estas afrontas e non cederá nas súas xustas demandas e esixencias ante o Goberno de España.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...