InicioCentralBurelaBurela abre o prazo de inscrición para participar no mercado de Nadal

Burela abre o prazo de inscrición para participar no mercado de Nadal

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela celebrará un mercado de nadal os días 2 e 3 de decembro, para o cal xa abriu o prazo de inscrición de postos. O mercado terá lugar na carpa situada na praza da Mariña.


Todas aquelas asociacións, entidades, artesáns ou comerciantes que o desexen poden anotarse ata o día 26 de novembro, xa sexa presencialmente no punto de información da Casa do Concello ou por correo electrónico no enderezo cultura@burela.org.


A concelleira de Cultura e Comercio de Proximidade de Burela, Lina Gómez Pardo, anima a todas as persoas interesadas a “facer parte do mercado para continuar impulsando o comercio local da vila nunha época tan sinalada como é a do nadal”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...