InicioOrientalRibadeoRibadeo pon en marcha o Banco de Material Ortoprotésico

Ribadeo pon en marcha o Banco de Material Ortoprotésico

As familias que o precisen poderán contar con camas, andadores, cadeiras de bañeira e de ducha ou guindastres, entre outros materiais.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo pon en marcha o banco de préstamo de material ortoprotésico. As familias que o precisen poderán contas con camas manuais ou eléctricas, andadores, cadeiras de bañeira e de ducha ou guindastres, segundo deron a coñecer o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra.

O rexedor dixo que “desde o Concello estamos a investir cada vez máis na Concellería de Benestar Social, é dicir estamos a investir no benestar social das familias, das persoas do noso concello. E eu creo que é o máis importante, que é investir na persoa”.

Vega explicou que “este banco de préstamo ponse en marcha despois dun traballo moi importante e aquí hai que agradecerlles aos técnicos municipais da Concellería de Benestar Social toda a labor que fan. É impagable e hai que dicilo e hai que resaltalo. Trátase dun traballo constante e continuo en dedicación ás persoas. Estamos moi satisfeitos do traballo que se está a realizar desde esta Concellería. Tamén hai que resaltar o traballo que está a facer a concelleira Elena Sierra”.

O alcalde subliñou que “este banco de préstamo conta cun equipamento, cun material que axudará a moitas persoas que o necesitan. Camas manuais, camas eléctricas, andadores, cadeiras de bañeira, cadeiras de ducha, colchóns antiescaras, guindastres e tamén varandas. Todos estes elementos cando hai unha persoa nunha familia que necesita este equipamento ten un orzamento elevado. Esas familias que o precisan teñen que saber o Concello de Ribadeo está nesa colaboración e nesa axuda e que se poden dirixir á Concellería de Benestar Social e solicitar ese equipamento necesario”.

Dani Vega manifestou: “seguimos investindo, seguimos traballando e colaborando coas familias cando o pasan realmente mal. É importante que as veciñas e os veciños de Ribadeo sintan a administración local cerca cando máis se necesita”.

A concelleira de Benestar Social sinalou que “

desde o Concello de Ribadeo apostamos polo coidado a todas as persoas. Por iso estamos cada vez máis interesados en que todo o equipamento (camas, guindastres, cadeiras,…) chegue a todas as familias. Aquelas persoas que teñan problemas para mercar unha cama, quen teña mobilidade reducida e necesiten unha cadeira ou un guindastre,…todas poden acudir ao banco de préstamo que está á súa disposición na Concellería de Benestar Social, situada no auditorio”.

“Desde o Concello de Ribadeo queremos apostar cada vez máis polos servizos sociais e sobre todo polo coidado das persoa”, subliñou Elena Sierra.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...