InicioCentralBurelaEntrega da Medalla de Honra de Burela á Confraría de Pescadores polo...

Entrega da Medalla de Honra de Burela á Confraría de Pescadores polo seu centenario

Tras o acto, amenizado pola Escola de Música Municipal, inaugurouse a placa conmemorativa á confraría na praza do Concello.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela entregou hoxe a súa Medalla de Honra ao patrón maior da Confraría de Pescadores, en nome de todos os patróns maiores que tivo estes 100 anos, polo centenario da súa fundación.

Nun emotivo acto, ao que asistiron moitas familias vinculadas ao mar e á confraría durante os seus 100 anos de vida e os anteriores alcaldes de Burela, a actual alcaldesa, Carmela López, entregou a medalla ao patrón maior da confraría, Basilio Otero.

“O de hoxe é un recoñecemento a toda esa economía mariñeira que fixo medrar Burela e que ten a súa orixe no pósito de pescadores, hoxe confraría de Burela; unha homenaxe a todas as persoas que traballaron no sector desde hai un século e as súas familias”, asegurou Carmela López.

Tras o acto, amenizado pola Escola de Música Municipal, inaugurouse a placa conmemorativa á confraría na praza do Concello.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...