Cervo celebrou varios actos este mediodía na Praza Nardo Martínez, en San Cibrao, con motivo do Día Internacional Contra a Violencia da Xénero, organizados polo Concello de Cervo e a Asociación Saúde Mental A Mariña, que contou coa participación e colaboración do alumnado do CEIP de Cervo e o CEIP Península da Paz, e tamén da asociación Mulleres en Igualdade Cervo.
Leron manifestos Xabi e Mara por parte do CEIP de Cervo, Óscar polo CEIP Península da Paz e Rebeca da asociación Saúde Mental A Mariña, a continuación gardouse un minuto de silencio en recordo das vítimas.
Os asistentes levaron de agasallo galletas pola Igualdade elaboradas pola Asociación A Mariña, cuxo grupo de teatro interpretou a continuación a obra Duelo ó Amencer no auditorio da Casa da Cultura.
A programación continuará mañá con sendoss espectáculos pensados para toda a familia en Cervo e en San Cibrao.