O Concello de Mondoñedo ultima a iluminación e decoración de Nadal para acendela oficialmente o vindeiro venres, 1 de decembro ás 18 horas. Desde a Concellería de Cultura agardan que “con esta importante aposta sirva para atraer visitantes a coñecer a nosa cidade e engrandecer así o noso rico patrimonio monumental”.
Dentro das novidades deste ano, as 8 rúas máis céntricas contarán con novas luces dispostas en 5 tiras de led cálida que suman preto dun kilómetro de percorrido. Incorporamos novos arcos para as avenidas Bos Aires e San Lucas, tamén en tonalidades de led calida. Os 10 espazos de Nadal volverán a estar distribuídos polos recunchos do casco histórico e barrios, de maneira que animamos a pasear para descubrir estes atractivos de nadal que nos esperan en Mondoñedo durante todo este mes e ata despois da Cabalgata, xunto á decoración dos veciños, que sempre se implican en manter bonita a nosa localidade.
DECORACIÓN ESPAZOS DE NADAL
1. PRAZA DA CATEDRAL
Escenografía da CASA DE PAPÁ NOEL en madeira, decoración interior, que ten cadeira de Papa Noel, árbore de nadal decorado, cadros, chimenea, alfombra no chan, etc.
Decoración exterior, rodeada por un patio con valado de madeira, árbores facendo decorado e con buzón para que os nenos poidan depositar as súas cartas.
Arbore de 8 metros e letras NADAL MONDOÑEDO.
2. PRAZA DO SEMINARIO
A CASA DO APALPADOR
Conxunto de casiña de madeira con decoración agreste interior e exterior, que lembra o apalpador, remomerando a lenda galega deste entrañable personaje.
Dispón de valado exterior e decoración con árbores e tira de luz led.
3. PRAZA DO CONCELLO
RINCÓN DO TRINEO: composto por trineo de Papa Noel tirado por cinco renos, fabricado todo en madeira, con cadea de luz nas siluetas de todas as figuras.
4. ALAMEDA
TRASGOS DE PAPANOEL:
figuras de madeira como músicos, 2 duendes, 2 cervos e 3 bonecos de neve, tamén levan 4 árbores naturais, estará iluminada con tira de led, guirnarda verde con lazos rodeando todo o palco da música.
5. FONTE VELLA
PORTAL DE BELÉN xunto cos buzóns dos Reis Magos
6. BARRIO DOS MUIÑOS
Bonecos de neve e cervos tallados en madeira e iluminados con decoración navideña, o conxunto remátase con tiras de luz led para iluminación, árbores e decoración do entorno.
7. SAN LÁZARO
Conxunto de decoración con bonecos de neve e renos tallados en madeira iluminados.
8. PRAZA JAIME CABOT AUDITORIO:
Divertida caseta de árbore en madeira de diferentes cores e deseño asimétrico, acompañada de iluminación led de Nadal.
9. RIO DE SIXTO
10. VIÑAS DA VEIGA