InicioOrientalRibadeoRibadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

É obrigatorio levar luvas para acceder á pista, que é apta para todos os públicos.

Publicada o

- Advertisement -

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas instaladas no aparcamento da Avenida Rosalía de Castro.

Ata o 7 de xaneiro será posible patinar sobre xeo. O prezo da entrada é de 5 euros, que quedará en 3 para aquelas persoas que teñan mercado no comercio ou consumido na hostalería local. É obrigatorio levar luvas para acceder á pista, que é apta para todos os públicos.

E os máis pequenos da casa poden gozar tamén desde hoxe de RibaXogo, onde atoparán diferentes atraccións para eles. O prezo neste caso é de 1 euro por atracción.

O horario de apertura da pista de xeo e de RibaXogo será de 16:30 a 21:00 horas ata o 31 de decembro. E do 2 ao 7 de xaneiro abrirá de 12 a 14 horas polas mañás e de 16:30 a 21:00 horas pola tarde.

Os días 24 de decembro e o 1 de xaneiro ambas carpas estarán pechadas.

Ao acto de inauguración, que tivo lugar esta tarde, asistiron o alcalde, Daniel Vega, os concelleiros Marta Saiz, Montse Seijo, Elena Sierra, Begoña Sanjurjo, Diego Dos Santos e Francisco José Silvent, así como a presidente e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...