InicioPolíticaO BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

Publicada o

- Advertisement -

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo e falta de persoal facultativo na Atención Primaria na comarca da Maríña luguesa e preguntou ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña se pode seguir defendendo que o Goberno galego ofrece “unha atención sanitaria de calidade”.

Na formulación da pregunta ao titular de sanidade, o nacionalista relatou que na localidade de Alfoz, durante os días 22, 23, 24, 27, 28 e 29 de novembro “non houbo médico primeira hora da mañá e as urxencias foron enviadas ao Centro de Saúde de Foz”.

Esta situación dixo, repetiuse en O Valadouro: o día 22 de novembro 23, 24, 27 e 28 de 8 a 9 hs e de 13 a 15 h. “O día 29 de novembro tampouco houbo médico ou médica de 11 a 15 hs e o 30 de 12 a 15 h”. Asemade, dixo, as urxencias foron derivadas principalmente ao Centro de Saúde de Foz e ao Centro de Saúde de Alfoz, “coa conseguinte a carga asistencial do persoal”.

No Vicedo, proseguiu o nacionalista, o centro “fai anos que funciona baixo mínimos, con dous médicos con praza fixa, dos que xa non queda ningún». Esta situación, agregou, foi denunciada por máis de 500 persoas nunha mobilización explicando a través dun comunicado que na actualidade un médico acode ao centro algúns días e durante catro horas para atender urxencias o que impide solicitar citas que conlevan unha espera mínima de sete días.

Por outro lado, Daniel Castro tamén aludiu ao desprazamento dos nenos e nenas para ser atendidos por un pediatra no ambulatorio de Viveiro. «Pero neste tamén nos atopamos sen facultativos desde fai tempo»,  “Levamos máis dun mes sen poder facer solicitudes de citas, o teléfono do centro de saúde está colapsado e as axendas están pechadas desde hai máis de dúas semanas” recalcou.

O deputado afirmou que , o luns 7 de novembro, o Centro de Saúde de Viveiro contou coa presenza de dous médicos para atender as Urxencias ao non cubrir o SERGAS as cinco ausencias restantes, “dúas persoas de baixa, dúas persoas de vacacións e outra persoa que marchou do SERGAS”.

A maiores, dixo, Viveiro continúa sen pediatra e sen facultativo o 1 de decembro na quenda de tarde cando debería haber catro ao igual que en Ribadeo “sen pediatra durante unha semana do mes de novembro e sen cubrir até despois da ponte”.

Vostede considera que esta pode ser unha sanidade pública de calidade? repreguntou o deputado do BNG ao conselleiro de sanidade.

“Pode dicir o que queira, pero aquí hai xente que non pode ter unha cita co seu médico de cabeceira, hai xente que non pode renovar receitas, hai pais e nais que non poden levar aos seus fillos e fillas ao pediatra e hai xente que moitas veces acude ao Centro de Saúde e non atopa nin un só medico” denunciou.

Sabemos que ser van producir varias xubilacións na Atención Primaria mariñá e non estaría mal, inquiriu o deputado, que a consellería que vostede dirixe abandone “as escusas” e comece a pensar como vai resolver o problema. Non continúen vostedes con “parches” e resolvan unha situación que se prolonga no tempo e prexudica gravemente á poboación. “A saúde non é un luxo, é un dereito” e o goberno da Xunta do PP está deixando aos galegos e galegas sen sanidade pública e de calidade preto de onde vivan.

Pola súa parte, o conselleiro de Sanidade eludiu comprometerse a poñer en marcha medidas para resolver a deficiente situación pola que está atravesando a Atención Primaria na Maríña de Lugo pola falta de persoal facultativo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...