- Advertisement -
O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, organiza a sétima edición da súa gala solidaria. Será este sábado, 16 de decembro, ás 19:00 horas na Sala Bahía de Foz.
O Centiño ofrecerá a obra Trepa, Tripa e Tropa e no intermedio da representación actuará o grupo musical Pandereteiras da Subela.
A entrada é gratuíta, pero recolleranse doazóns para Cáritas.
Para este evento O Centiño conta coa colaboración da asociación A Subela e do Concello de Foz.