InicioOccidentalViveiroViveiro informa do comezo do sistema de recollida de lixo 'Quita e...

Viveiro informa do comezo do sistema de recollida de lixo ‘Quita e pon’ no casco histórico

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro lembra que este luns, día 18 de decembro, pola mañá serán retirados os colectores da vía pública no Casco Vello, poñendo en marcha un sistema de ‘quita e pon’ na recollida de lixo. Manteranse as ubicacións actuais dos colectores e implantaranse catro ubicacións máis, situadas nas rúas Rosalía de Castro (dúas novas ubicacións), Melitón Cortiñas, Constanza de Castro e Fonte de Area.


A colocación dos colectores realizarase a partir das 18:00 horas do luns de forma gradual en todo o casco. Ademáis dos colectores de fracción resto, que se colocarán os sete días da semana, situaranse en días alternos colectores para as recollidas selectivas da seguinte forma:

• Luns, mércores e venres: Recollida dos colectores de envases e orgánica.
• Martes, xoves e sábado: Colectores de papel/cartón.

En tódolos casos, os colectores serán colocados o día anterior e a recollida dos residuos comezará ás 06:00 horas.


O concello lembra ademais que a recollida de fracción orgánica se poñerá en marcha o mesmo día 18 e os colectores están xa ubicados en distintos puntos dos núcleos de Viveiro, Celeiro e Covas.


Os colectores para a recollida de fracción orgánica están pechados con chave. Para poder facer uso deles pódese recoller a chave, un cubo para depositar os residuos e bolsas compostables na oficina de atención ó cidadá, situada na rúa Teodoro Quirós Nº7.
“Animo á veciñanza a recoller o cubo e a participar na reciclaxe de materia orgánica”, afirma Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e responsable da área de Medio Ambiente, que anuncia ademais “unha campaña de concienciación nas próximas datas para incentivar a participación”.


Ante estos importantes cambios no servizo de recollida, prégase a colaboración cidadá para evitar na medida do posible o depósito de residuos na rúa fóra do horario.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...