InicioCentralFozA Aula da UNED de Foz inicia en Burela un ciclo de...

A Aula da UNED de Foz inicia en Burela un ciclo de presentacións da súa oferta educativa

A aula universitaria da UNED de Foz está a iniciar un ciclo de presentacións da oferta educativa e dos diferentes recursos e servizos da UNED e, en concreto, da aula de Foz.

Publicada o

- Advertisement -

A aula universitaria da UNED de Foz está a iniciar un ciclo de presentacións da oferta educativa e dos diferentes recursos e servizos da UNED e, en concreto, da aula de Foz. Este dará comezo en Burela o día 11 de xaneiro no auditorio municipal ás 12:00 horas, e continuarase en Foz, no salón de actos do Instituto de Educación Secundaria en día e hora por determinar.

A coordinadora da aula, Marta Muiña Rodríguez, sinala que “estas charlas están dirixidas ao alumnado dos centros de ensino medio e ao público en xeral que poida estar interesado, para que coñezan de primeira man a oferta educativa, as titulacións e os recursos que presenta esta aula universitaria. O contido das mesmas irá orientado á presentación da aula e dos servizos cos que conta, dende os distintos graos ata o curso de acceso á universidade para maiores de 25 e 45 anos, pasando pola variada oferta de actividades de extensión universitaria e culturais”.

A concelleira da aula universitaria da UNED de Foz, Elena Martínez Pena, sinala: “preténdese achegar á cidadanía do noso concello e dos municipios veciños ás posibilidades da aula, presentándose como unha opción para cubrir as súas necesidades formativas ou culturais, e así servir como un dos referentes na oferta educativa da comarca da Mariña”.

E Marta Muiña engade que “tamén se busca presentar a metodoloxía da UNED, caracterizada por unha modalidade de educación a distancia semipresencial, baseada nas novas tecnoloxías combinadas con sistemas máis tradicionais, como libros de referencia nos distintos campos ou as titorías presenciais ou virtuais nos diferentes centros asociados”.

Desde a aula universitaria da UNED de Foz móstranse dispostos a presentar a súa oferta a todo aquel que poida ter interese, polo que invita a calquera outro concello da parte central ou oriental da Mariña que desexe organizar un encontro deste tipo a poñerse en contacto coa concelleira responsable, Elena Martínez Pena (698.110.727), ou coa propia aula universitaria no teléfono 982.133.699, no WhatsApp 604.034.549 ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...