A programación de Nadal do Concello continúa este sábado con dúas actividades:
-Para nenos e rapaces imos ter ás 17:00 no Pavillón de Deportes un DJ INFANTL.
Mañá tamén é o DÍA DE PAPÁ NOEL, que primeiro visitará a Residencia San Bartolomeu para desprazarse despois ao pavillón de deportes onde terá un encontro con todos os nenos. E para completar o día que mellor que unha boa chocolatada, gratuita e ata agotar existencias.
-A outra actividade vai ser a celebración da Vª Gala do Emprendemento Local que se vai desenvolver a partires das 20:30 h no Salón de Actos do Centro Cívico e da cal xa demos conta nunha amplia nota de prensa enviada o pasado martes 19.