InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo limpa de pellets as praias de Castros e...

O Concello de Ribadeo limpa de pellets as praias de Castros e Illas

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, comentou que “estamos actuando en colaboración coa Xunta de Galicia. Empezabamos onte co primeiro contacto e decidimos actuar. O primeiro que fixemos foi un análise da situación, acudindo á praia a Policía Local e Protección Civil, para facer un informe sobre o acontecido. É verdade que nos transmitiron que a presenza era ridícula, non había un problema, pero de igual modo trasladamos as fotografías realizadas á Consellería”.

O rexedor indicou que “as dúas administracións decidimos, que aínda que a presenza de pellets fora pouca, era bo limpar e eliminar. Hoxe ás oito da mañá actuamos cos traballadores públicos, con palas, con cribos, con rastrillos e con luvas e elimináronse todos eses pellets que apareceron en dous areais: en Castros e en Illas”.

Vega subliñou: “nós quixemos actuar, creo que somos o único Concello que está a actuar con persoal propio limpando as praias dunha presenza que é ridícula, pero desde logo nosoutros consideramos que é mellor retirar eses pellets, en lugar de que estean por aí. Nós actuaremos sempre nesa colaboración institucional, coa Xunta de Galicia neste caso, con todas as administracións para que ese traballo sexa coordinado e dea resultados”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...