InicioOccidentalCervoO Concello de Cervo non detectou pellets na costa durante este martes

O Concello de Cervo non detectou pellets na costa durante este martes

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo ten deseñado un protocolo preventivo por se se detectase a presenza de pellets de plástico nas zonas de costa.

A rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, mantiveron unha reunión de coordinación co responsable do Grupo de Emerxencias Municipal, Mario Antuña, na que concretaron os pormenores do Plan que se poñería en marcha de xeito inminente se fose necesario, aínda que, tal e como constataron, “a día de hoxe non se detectou nas praias do municipio presenza algunha destes pellets de plástico procedentes do vertido do mercante Toconao”, aclarou a rexedora.

Caramés apuntou, así mesmo, que se se precisase colaboración externa, a limpeza dos areais estaría en todo caso coordinada a través da oficina municipal de voluntariado situada na Casa da Cultura, “para garantir unha recollida ordenada”, ao amparo do Plan Camgal, activado pola Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...