InicioOccidentalViveiroA Biblioteca municipa de Viveiro pecha 2023 con novos usuarios e usuarias

A Biblioteca municipa de Viveiro pecha 2023 con novos usuarios e usuarias

Publicada o

- Advertisement -

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Viveiro rematou o pasado ano 2023 con 165 usuarios e usuarias novas, 41 deles nenos e nenas, levando a cifra total a 2.316.

Ademais, 380 novos exemplares foron incorporados ao fondo da biblioteca, que conta xa con 19.825 elementos ademais dos 1.200 números de xornais e revistas. En total, ao longo do ano realizáronse 5.432 préstamos e 3.149 renovacións de ditos fondos, levando a cifra total a 8.581.


A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro considera que o balance da actividade da biblioteca é “moi satisfactorio, pois demostra tanto o grande interese da cidadanía viveirense pola cultura como o apoio e a dinamización da mesma levada a cabo polo Concello”.


Entre os libros máis prestados pola Biblioteca Pública Municipal o pasado ano atopamos a ‘La esperanza de Sofía’ de Corina Bomann, ‘El libro del sepulturero’ de Oliver Pötzsch e ‘Una tumba entre las rocas’ de Elly Griffiths.


Ademais, no pasado 2023, a Biblioteca Pública viveirense organizou e albergou numerosas actividades culturais de diverso tipo, que foron dende celebracións de efemérides sinaladas, visitas ou exposicións ata espectáculos musicais ou entregas de premios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...