- Advertisement -
Un grupo de 37 alumnos e alumnas do IES Marqués de Sargadelos acompañados por tres profesores desprazáronse a Andorra para gozar dos deportes de inverno, como leva acontecendo desde o ano 2000. O alumnado conseguirá iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades no esquí ou no snowboard desfrutando da estación invernal de PAL-Arinsal. Así mesmo, tamén visitaron o balneario Caldea, un dos máis importantes de Europa.