InicioCentralBurelaA asociación burelesa O Vencello denuncia mal estado na rúa Suafonte

A asociación burelesa O Vencello denuncia mal estado na rúa Suafonte

Publicada o

- Advertisement -

A asociación O Vencello denuncia o mal estado que presenta o acceso ao centro de saúde pola rúa Suafonte e pide ao Concello que actúe nesa contorna “antes de que se produzan máis accidentes de peóns por mor da súa perigosidade”.


Esta entrada ao consultorio presenta un estado lamentable, cunha chea de baldosas levantadas e movidas do seu sitio que poñen en perigo a integridade dos transeúntes e doentes -fundamentalmente xente maior con mobilidade reducida- que acceden por esta rúa en coche, cadeira de rodas e muletas ás consultas médicas e tamén para recibir os seus tratamentos periódicos (nesa área están asignadas as dúas prazas de aparcamento de acceso ao centro de saúde).


O estado desta contorna é motivo de preocupación por parte dos usuarios e por iso piden ao Concello que acometa os arranxos necesarios para solucionar esta cuestión. Nunha reunión co Concello “díxosenos que os traballos estaban xa adxudicados, pero de momento aínda non teñen nada feito”.


Solicitude de reunión
A asociación O Vencello declara que solicitaron hai dúas semanas unha nova reunión coa alcaldesa, “pero de momento aínda non temos recibido contestación de cando nos recibirá”. Nesa xuntanza presentaranlle outras denuncias que a veciñanza nos transmite; coma son as condicións de atención ao público no Punto de Información Catastral.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...