InicioOrientalRibadeoA estrada da costa de Ribadeo recibirá 370.000 euros en investimento

A estrada da costa de Ribadeo recibirá 370.000 euros en investimento

Publicada o

- Advertisement -

O Concello investirá 370.000 euros en mellorar a estrada da costa. Será con cargo ao Plan Único da Deputación de Lugo.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “desde o Concello, escoitando a moitos colectivos e asociacións, decidimos investir 370.000 euros na estrada da costa. Era unha vella demanda e unha reivindicación constante por parte de moitas persoas de Ribadeo que entendían que esa estrada tiña que estar en perfecto estado. É unha estrada que soporta moito tráfico durante todo o ano e máis durante o verán”.

O rexedor aludiu “a aquilo que nós reivindicabamos cando estabamos na oposición dicindo que había que investir nese viario para resolver todo ese destrozo que presenta e había que dar un pasiño importante para ir dotando a esta infraestrutura dunha inversión. Entón todo o que diciamos desde a oposición e que nos parecía interesante agora que estamos no goberno cumprimos coa palabra dada, que é moi importante. O mais importante en política, desde o meu punto de vista, é cumprir con aquilo que prometes”.

Vega subliñou que “imos investir estes 370.000 euros a través do Plan Único da Deputación de Lugo. Tamén investiremos no SAF con cargo ao devandito plan e contrataremos persoal no Concello tanto administrativo, como 2 peóns de medio ambiente e un técnico de desenvolvemento local. Sempre defendemos este Plan Único, parécenos importante investir e colaborar coas administracións. Sempre o dixemos, non hai que construír muros entre administracións, é bo abrir as portas e entenderse con todos. O máis importante é que veña investimento para Ribadeo. Diciámolo na oposición e cumprímolo desde o goberno”.

O alcalde indicou que “esta inversión vai significar un cambio por completo en toda a nosa costa cunha inversión importante, máis de 370.000 euros, pero tamén un cambio de imaxe total. Pasiño a pasiño imos cumprindo, traballando con todas as administracións, e entre todos para mellorar Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...