InicioOccidentalViveiroA peza 'Ecce-Homo dos Franceses' gaña o II Concurso de marchas de...

A peza ‘Ecce-Homo dos Franceses’ gaña o II Concurso de marchas de Semana Santa de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

O xurado do II Concurso de composición de marchas procesionales Blas García Liz elixiu entre as 14 marchas presentadas nesta edición como gañador a Miguel Ángel Ruiz, natural de Iniesta (Cuenca). coa súa marcha ‘Ecce-Homo de los Franceses’.

As obras procedían de dez provincias españolas: Málaga, Jaén, Cádiz, Toledo, Cuenca, Ciudad Real, Valencia, Madrid, Zamora e Pontevedra.

“Gustaríame lembrar por suposto que con este certame rendemos unha homenaxe a unha figura de grande importancia no noso municipio, Blas García Liz, cuxa perda supuxo un duro golpe para a nosa cultura e sobre todo para a Banda Municipal ‘O Landro’, da que era o seu presidente”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

O xurado, formado por David Rivas, Fernando Buide e David Fiúza, destaca a gran calidade dos traballos presentados, así como o valor patrimonial da construción dunha nova identidade sonora creada por e para a Semana Santa viveirense.

A marcha será presentada o sábado 2 de marzo pola Banda de Música “O Landro” de Viveiro, no marco da súa participación no ciclo Adral, e posteriormente será interpretada pola Banda Municipal de Santiago de Compostela, baixo a batuta do seu director titular, David Fiúza.

O concerto terá lugar o domingo 17 de marzo de 2024 ás 12:00 horas no Teatro Principal da capital galega coa colaboración da Banda Municipal de Santiago de Compostela, Xunta de Confrarías de Santiago de Compostela, Semana Santa de Viveiro e a Banda de Música O Landro de Viveiro.

‘Ecce Homo de los Franceses’, de Miguel Ángel Ruiz, orixinario de Iniesta, Cuenca, é un notable traballo musical que destaca pola súa melodía ben desenvolvida e unha sólida narrativa.

A obra mantén unha forma clásica, o que a fai atractiva tanto para o público como para os intérpretes. En resumo, ‘Ecce Homo dos franceses’ é unha marcha de procesión que consegue fusionar tradición clásica con elementos creativos, ofrecendo unha experiencia musical enriquecedora.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...