Trabada habilitará un servizo de transporte municipal para maiores e dependentes

Un vehículo adaptado levará aos veciños e veciñas das oito parroquias do concello ata o núcleo urbano

Presentación da furgoneta adaptada este mércores en Vilapena

O concello de Trabada poñerá en marcha un servizo de transporte público para transladar as persoas maiores e dependentes das diferentes parroquias ata a capitalidade municipal.

Os trabadenses de máis de 65 anos, con limitacións de mobilidade, que vivan sos ou que padezan enfermidades crónicas disporán dun transporte adaptado que os recollerá e os levará de volta aos seus domicilios, facilitándolles actividades cotiás como acudir a un cita médica ou facer a compra.

O transporte recollerá aos usuarios nos seus domicilios e levaraos ATA ao núcleo urbano

O 20% das persoas maiores de 65 anos do concello -86 veciños e veciñas- viven sos, e boa parte dos restantes viven acompañados por unha parella de idade similar, sen familiares aos que pedir axuda para desprazarse, segundo explicou na presentación do servizo a alcaldesa de Trabada, Mayra García.

DEZASEIS RUTAS CADA MES

O servizo percorrerá as oito parroquias do concelllo. A alcaldesa, Mayra García, detallou que cada mes haberá dezaseis rutas planificadas que levaron aos usuarios desde as diferentes aldeas ata o núcleo urbano co que, dixo, se garante que a veciñanza poida realizar un mínimo de “dúas viaxes cada mes”. O servizo poderá ter unha frecuencia maior para as persoas con enfermidades crónicas.

FURGONETA ADAPTADA

Para a posta en marcha do servizo, o concello adquiriu unha furgoneta de nove prazas, adaptada a minusválidos ou persoas con problemas de mobilidade. O vehículo financiouse cunha axuda de 36.000 euros da Deputación Provincial de Lugo.

“IGUALDADE DE OPORTUNIDADES NO RURAL”

Na presentación do serfizo este mércores en Vilapena, a alcaldesa trabadense, Mayra García, en que se trata dunha iniciativa pioneira que ofrece aos maiores unha “prestación básica e necesaria para vivir no rural en igualdade de oportunidades”.

O presidente da Diputación, Darío Campos, que tamén asistiu ao acto, destacou a incidencia desta prestación nunha “poboación altamente envellecida”.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here