InicioSen categoríaTres institutos da Mariña ofrecerán obradoiros de portugués para achegarse a 240...

Tres institutos da Mariña ofrecerán obradoiros de portugués para achegarse a 240 millóns de habitantes

A Vicepresidencia da Deputación colabora coa AGAL para ofrecer portugués en trece centros educativos. A actividade formativa trata de descubrir ao alumnado a vantaxe que supón o galego para aprender o idioma irmán.

Publicada o

- Advertisement -

O IES Enrique Muruais da Pontenova,  o IES Perdouro de Burela e o IES Vilar Ponte de Viveiro foron os tres centros elixidos pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo para poñer en marcha un interesante programa de aprendizaxe do portugués. Uns cursos que impartirá a Associaçom Galega da Língua (AGAL) con obradoiros. Ademais destes tres centros, participarán outros dez de toda a provincia.

A vicepresidenta Maite Ferreiro e o presidente de AGAL, Edudardo Maragoto, presentaron esta maña no Pazo de San Marcos esta iniciaitiva que achega ao alumnado lucense unha actividade formativa que AGAL está a levar a cabo noutros concellos de todo o país. Os obradoiros, que se desenvolven baixo o epígrafe O Português Simples – OPS teñen como obxectivo descubrir ao alumnado a vantaxe do galego para aprender portugués e acceder ao mundo que se expresa nesa lingua, a sexta do mundo en falantes.

Eduardo Maragato explicou que se trata “de obradoiros de cen minutos nos que se ofrece unha formación básica en portugués con actividades amenas, nas que se usa a interactividade e ferramentas moi interesantes para o alumnado como a música, para mostrar que a aprendizaxe do portugués é moi facil para os galegos”.

A vicepresidenta Maite Ferreiro sinalou que “como falantes de galego, formamos parte dun sistema lingüístico compartido con 240 millóns de habitantes, unha porta aberta ao mundo que cremos que debemos empregar mais a todos os niveis, cultural, social, económico. O coñecemento que fomentan estes obradoiros de AGAL son un paso nesa dirección, por iso apostamos por apoiar a iniciativa”.

A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreira e o presidente da Agal, Eduardo Maragoto, presentan un programa de aprendizaxe do portugués / Deputación de Lugo

Os obradoiros contan con catro bloques de contidos,  que pretenden un achegamento á ortografía e ao léxico portugués a través do coñecemento que proporciona o galego para amosar a vantaxe competitiva que temos en termos de comprensión escrita a hora de aprender portugués.

CENTROS

Os obradoiros, que comezaron a desenvolverse o pasado 21 de abril  IES do Camiño, de Palas de Rei, chegarán mañá ao IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, que fai coincidir a sesión coa celebración do Día da Lingua PortuguesA, que se conmemora o 5 de maio.

Nos vindeiros meses, os obradoiros chegarán a outros once centros:  o IES Fontem Albei da Fonsagrada, o IES Enrique Muruais da Pontenova, o IES Pedregal de Irima de Meira, o IES de Becerreá, o IES Lama das Quendas de Chantada, o CPI Dr. López Suárez do Saviñao, o IES Río Cabe de Monforte, o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, o IES Perdouro de Burela e o IES Vilar Ponte de Viveiro.

LOTE DE LIBROS

Os centros nos que se realicen os obradoiros recibirán un exemplar do Dicionário Visual da Através Editora e cadanseu exemplar dos libros “Cativerio de Fingoi”, de Ramóm Reimunde, e “Nós, xs inadaptadxs”, coordinado por Daniel Amarelo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...