InicioCentralMondoñedoVolve Mindomúsica, o festival que encherá de música de cámara as rúas...

Volve Mindomúsica, o festival que encherá de música de cámara as rúas de Mondoñedo

Haberá actividades divulgativas cos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Mondoñedo.

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo impulsa a terceira edición do festival Mindomúsica de Mondoñedo. Ese evento de música de cámara terá lugar entre o sábado 26 de xuño e o domingo 4 de xullo en lugares emblemáticos do municipio mindoniense, como a Catedral ou a Casa dos Coengos.

A institución provincial colabora con 3.000 euros na organización desta terceira edición de Mindomúsica, á que a veciñanza poderá asistir de xeito gratuíto. Mindomúsica tamén contempla unha actividade divulgativa cos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Mondoñedo.

“Esta é unha iniciativa musical e cultural ideal para a promoción turística de Mondoñedo, da comarca da Mariña e do conxunto provincia”, explicou a deputada provincial Pilar García Porto que presentou este evento xunto a Raquel Maseda, directora artística do certame. A Deputada destacou a aposta da Deputación por “un turismo sostible, sen masificacións, de natureza e experiencias, que pon en valor o patrimonio da provincia e que crea emprego no rural”.

PROGRAMA

Sábado 26 de xuño. Parroquias Tour, mini concerto e encontro coa veciñanza por diferentes parroquias do concello de Mondoñedo.
Xoves 1 de xullo, ás 20:30 horas, na Casa dos Coengos. Faladoiro e entrevista sobre o Arquivo de Música da Catedral de Mondoñedo a cargo de Carlos Villanueva (musicólogo e catedrático da USC) e Joám Trillo (compositor e profesor no CSMV).
Venres 2 de xullo, ás 20:30 horas, na Catedral de Mondoñedo. Concerto de música de cámara con obras de autores relacionados co Arquivo de Música da Catedral:Pacheco, J.Haydn e J.P.Almeida.
Sábado 3 de xullo, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Pascual Veiga. Concerto de música de cámara con obras de J.Brahms e R.Schumann.
Domingo 4 de xullo, ás 12:00 horas, Centro Cultural da Alcántara. Concerto de música de cámara con obras de O.Messiaen e J.Brahms.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...