InicioSen categoríaOs maiores volven rir e comer xuntos logo do duro ano da...

Os maiores volven rir e comer xuntos logo do duro ano da pandemia

A residencia de Ribadeo celebra dous anos de vida "con orgullo" a pesar da covid

Publicada o

- Advertisement -

A residencia de maiores de Ribadeo fixo dous anos. Un aniversario que empanou o pasado ano a Covid, pero non este ano, a pesar de que a pandemia aínda non remitiu. Neste segundo aniversario houbo distintas actividades e unha comidas dos usuarios.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, celebrou este aniversario. “Funciona moi ben e é un orgullo para todo Ribadeo, despois de oito anos de traballo e empeño para facelo realidade”, destacou.

Suárez Barcia lembrou tamén que “agora toca facerlle fronte a outros desafíos nos que estamos metidos, como a mellora e reforma do Hospital Asilo“. Neste sentido, o alcalde espera “que a Xunta de Galicia redima as súas penas e decida apoiar intensamente esta nobre actuación”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...