InicioSen categoríaAs catro parroquias de Lourenzá terán fibra óptica a finais de verano

As catro parroquias de Lourenzá terán fibra óptica a finais de verano

As vivendas de Santa María e San Xurxo xa contan, neste mes de xuño, con conexión a Internet de alta velocidade.

Publicada o

- Advertisement -

Ata 1.000 vivendas de Santa María e San Xurxo teñen, neste mes de xuño, conexión a Internet de alta velocidade proporcionada pola compañía Adamo . Pero aínda serán máis en Lourenzá, xa que continuará expandindo a súa propia fibra óptica -de 1.000 MB, a máis rápida que existe hoxe no mercado- no concello durante a época estival. En concreto, o operador activará o seu sinal noutros 300 fogares de San Tomé e Santo Adrao entre xullo e agosto.

Como consecuencia, as catro parroquias de Lourenzá terán fibra óptica a finais de verán.  Trátase dunha iniciativa na que colaboran as autoridades locais, en particular, da alcaldesa, Rocío López García. Iso quedou de manifesto na presentación do servizo que proporciona a compañía, efectuada recentemente ante a rexedora por David Chairo, responsable de Adamo en Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...