InicioOccidentalCervoAs festas da Maruxaina contarán con maior vixilancia e máis baños públicos

As festas da Maruxaina contarán con maior vixilancia e máis baños públicos

O rexedor cervense, Alfonso Villares, sinalou que existe unha "dificultade enorme" para combater estes comportamentos na Maruxaina e "no resto de festas populares" polas súas características.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo instalará máis baños públicos e aumentará o dispositivo de vixilancia durante as festas da Maruxaina, que se celebrarán o segundo sábado do mes de agosto.

Desta forma dáse resposta a un informe do Valedor do Pobo, que entrou de oficio ante a denuncia de mulleres que foran gravadas cando facían as súas necesidades na rúa, durante a edición da Maruxaina en 2019. Posteriormente, ese material foi subido a páxinas web pornográficas.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, recoñeceu que foron “uns acontecementos moi desagradables” que componene “un delito que hai que perseguir”. “Unha vez que esas gravacións foron coñecidas moita xente indignabámonos”, confesou.

Tras os episodios, denunciados ante os xulgados, a valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño, emitiu un informe para instar tanto o concello mariñán como ao resto de organizadores de eventos, tanto públicos como privados, a necesidade de incluír a perspectiva de xénero no deseño de festas e actividades.

“As súas recomendacións van na liña de tentar baños diferenciados para mulleres e nenas e iso xa desde o concello xa o valoramos para buscar a forma de pór máis servizos e vixilancia”, comentou este xoves Villares. Con todo, o rexedor sinalou que existe unha “dificultade enorme” para combater estes comportamentos na Maruxaina e “no resto de festas populares” polas súas características.

Este tipo de festas populares, tamén na Maruxaina e en moitas máis en Galicia, son festas onde non hai pago de entradas e non hai, por tanto, control de aforamento para un maior control. Son celebracións como a nosa onde todo o pobo é un escenario da festa”, afirmou.

Por todo iso, o alcalde cre que “a vixilancia de accións incívicas cando se está de festa vai ser moi complicado desde o momento en que non hai aforamentos limitados e onde todo o pobo está aberto á festa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...